Pasar al contenido principal

O CPEIG firma un acordo con AGBO Business Architecture para formación

agbo

AGBO Business Architecture convértese en nova entidade colaboradora do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG) despois da sinatura dun acordo de colaboración entre ambas as dúas entidades. O texto do convenio foi rubricado por Adriana Gonçalvez Botelho, en representación de AGBO, e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo.

En concreto, AGBO comprométese a ofrecerlles descontos especiais ás colexiadas e colexiados coas seguintes condicións:

  • 50% nos cursos online 
  • 10% nos cursos presenciais e a distancia. 

O convenio é aplicable aos cursos de formación publicados na seguinte ligazón: http://agbo.biz/category/tech/ e nos seguintes casos:

  • Cursos presenciais no Centro de Formación AGBO Training: formacións intensivas dunhas 20 horas de duración, en formato fin de semana.
  • Cursos online: videocursos que figuran entre os máis vendidos en todo o mundo na súa categoría e en idioma castelán. 
  • Cursos a distancia (Aula Virtual) :  séguense as explicacións do profesor, como se se tratase dunha videoconferencia.

O xeito de obter o desconto será mediante o envío dunha solicitude ao correo electrónico  cursos@agbo.biz co asunto "Desconto CPEIG"; unha vez confirmado o pago, considerarase como alumno ou alumna AGBO e enviarase o acceso á plataforma ou se confirmará a praza para a versión a distancia ou presencial da acción formativa.