Pasar al contenido principal

El Corte Inglés colabora co CPEIG para difundir o Día Europeo da Protección de Datos

Pilar Vila

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), con motivo do Día Europeo da Protección de Datos que se conmemora o mércores 28, acometeu diferentes actividades divulgativas. Entras as iniciativas programadas, estivo a colaboración con el Corte Inglés, ao abeiro da cal instalouse un stand informativo no Centro Comercial Compostela .

A enxeñeira colexiada Pilar Vila informou –desde as 19 H. ata as 22 H. do serán- aos clientes do centro de Santiago de Compostela sobre aquelas medidas necesarias para que os usuarios de Internet garantan a súa privacidade. O CPEIG puso a disposición dos clientes do Centro Comercial Compostela folletos informativos que elaborou o propio Colexio para contribuír a que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos.