A primeira asemblea, de carácter extraordinario, ten como finalidade aprobar unha serie de modificacións sobre os estatutos do colexio .
A segunda asemblea, de carácter ordinario, céntrase na aprobación da memoria anual de actividades, das contas, dos orzamentos, das cotas de colexiación, e a aprobación de Colexiados de Honra.
O sitio web do CPEIG dispón dunha sección específica sobre estas asembleas na cal se poden descargar toda a documentación sobre as mesmas.