Pasar al contenido principal

O seminario "Teletraballo, territorio e cambio social en Galicia" contará coa participación do CPEIG

Símbolo do CPEIG

O Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio (Gist) do Instituto Universitario de Estudos e Desenvolvemento de Galicia organiza o vindeiro día 10 de novembro o "Seminario Teletraballo, Territorio e Cambio Social en Galicia", co fin de reunir nun foro de reflexión e debate a especialistas procedentes  de diversos eidos: das Universidades de Santiago, do Porto, Braga e Autónoma de Barcelona, así como a profesionais vinculados coa análise social e territorial, coa enxeñería informática e das telecomunicacións, teletraballadores en activo, sindicalistas e responsables da xestión do programa de teletraballo na administración autónoma da Xunta de Galicia.

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participará nunha mesa de debate baixo o epígrafe de: "Teletraballo e Territorio en Galicia. Unha oportunidade? Para quen?".

Aquelas colexiadas e colexiados interesados en inscribirse poden facelo a través do enderezo electrónico gist-formacion@usc.es.

Posibilidades do teletraballo

Segundo destaca a organización do seminario, o teletraballo permite grandes posibilidades para o desenvolvemento de espazos urbanos e rurais. O exemplo do programa de descentralización xeográfica do Goberno irlandés permitiu deslocalizar traballadores públicos dende a capital do Estado, Dublín, cara a pequenas cidades e vilas cabeceira de comarca rural; pondo en valor as TIC e o teletraballo. Con isto se desconxestiona o centro urbano da capital, xéranse plusvalías económicas e  foméntase a conciliación da vida familiar e laboral. 

Así mesmo, o teletraballo permite unha mobilidade eficiente nos desprazamentos diarios en hora punta dende o lugar de residencia ao de traballo, rexuvenece a demografía local freando o  avellentamento, dinamiza e diversifica as economías rurais e locais, favorece a desconxestión do tráfico e frea a contaminación atmosférica e o consumo de enerxía. Pero cales son os custos e beneficios da práctica do teletraballo? É posible en Galicia? xorden interrogantes que o seminario tratará de contestar.

Programa

  • 9:30. Recepción
  • 10:00. Conferencia.
    Natalia Prieto Viso. Directora Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa. Xunta de Galicia.
    "O teletraballo na Xunta de Galicia".
  • 10:30. Conferencia Asunción Blanco. Universidade Autónoma de Barcelona.
    "Teletraballo, Xénero e Territorio. Diversidade internacional: Cataluña, Ardéche e Quebec."
  • 11:00. Conferencia Antía Rey. Universidade de Santiago de Compostela.
    "Teletraballo e Innovación na Administración Pública. É posible? Estudo de casos en Galicia"
  • 11:30. Café
  • 12:00. Conferencia Flavio P. Nunes. Universidade do Minho
    "Teletrabalho: Clarificaçao conceptual e implicaçoes geográficas. Um contributo a partir de experiencias portuguesas"
  • 12:30. Mesa de Debate Teletraballo e Territorio en Galicia. Unha oportunidade? Para quen?
    1. Pablo Rama. (Representante Sindicato de traballadores CSIF).
    2. Fernando Suárez. (Colexio Prefesional de Enxeñaría en Informática de Galicia-CPEIG).
    3. Álvaro Rocha. (Asociación Ibérica de Sistemas e Tecnoloxías da Información-AISTI).
    4. Javier Tobío (Centro de Supercomputación de Galicia-CESGA).
    5. Carlos Ferrás (Grupo de Investigación Sociedade, Tecnoloxía e Territorio-USC).
    6. Carlos Santos (Inclusión Social. Xunta de Galicia).
  • 14:00. Clausura

As persoas interesadas en asistir ao seminario poden obter máis información en www.gist.es