Pasar al contenido principal

Laura Giz, de sete anos de idade, resultou gañadora do Concurso de Postais do Colexio

Postal Nadal 2015

O xurado do concurso de postais de Nadal organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) acordou premiar o traballo presentado por Laura Giz. O  premio que recibirá a nena é unha tableta de 10 polgadas. 

A postal  de Laura Giz , de 7 anos de idade, combina a simboloxía máis tradicional do Nadal con elementos característicos da Informática. O debuxo de Laura será a postal  oficial coa que o CPEIG felicitará as festas do Nadal este ano. O colexiado que presentou a cativa ao certame é Antonio Giz. 

O xurado do concurso estivo integrado polo colexiado Alberto Carreras e os membros da Xunta de Goberno Xavier García Tobío, vogal; Iván Luis Vázquez, vogal; Roberto Vieto, vicesecretario; e Lorena Otero, vicetesoureira. 

Parabéns para Laura, que se divirta coa tableta, e bo Nadal para tod@s!