Pasar al contenido principal

Pesar do CPEIG polo falecemento de Fernando Magán

Símbolo do CPEIG

O CPEIG quere expresar as súas condolencias polo recente falecemento do colexiado Fernando Magán Muñoz, quen desenvolvía o seu traballo no Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades.

O noso compañeiro Magán participou nas primeiras xuntanzas e na constitución da Asociación de Licenciados en Informática (ALIGA), xermolo do que hoxe é o noso colexio.

Unímonos á dor dos seus familiares e amigos, ao tempo que lle agradecemos a Fernando Magán o seu labor a prol do CPEIG e da nosa profesión.

Descanse en paz.