Pasar al contenido principal

Sumamos forzas co Club Financeiro de Santiago para fomentar o emprendemento

Club Financeiro de Santiago

O apoio e asesoramento a emprendedores, o fomento da innovación e a formación dirixida a novos empresarios son os obxectivos do acordo de colaboración alcanzado entre o Club Financeiro de Santiago (CFS) e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

O presidente do CFS, Roberto Pereira, e o máximo responsable do CPEIG, Fernando Suárez Lorenzo, rubricaron o pasado día 24 de febreiro o pacto entre as dúas entidades co obxecto de reforzar o compromiso de ambas co emprendemento empresarial para impulsar a creación, desenvolvemento e consolidación de proxectos innovadores, potenciando así a xeración de riqueza e a creación de emprego.

O CFS e o CPEIG comprométense a organizar actividades conxuntas e a xerar sinerxias entre os seus asociados. Ademais, o CPEIG achegará a súa experiencia e coñecemento sobre o sector TIC, colaborando no desenvolvemento de eventos e xornadas de interese para as dúas entidades.