Pasar al contenido principal

O CPEIG convoca un concurso de programación para centros de ensino

Logo Rapaciñ@s

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de abrir o prazo para presentarse ao concurso de programación sobre o Día das Letras Galegas organizado no marco do evento tecnolóxico Rapaciñ@s: a tecnoloxía ben segura. A iniciativa, dirixida ao alumnado de centros de ensino galego, desenvólvese en colaboración coa Amtega co obxectivo de promover o uso das ferramentas tecnolóxicas entre os máis novos.

Así, grupos mixtos de entre 6 e 8 alumnos e alumnas de 10 a 14 anos de idade dun mesmo centro, xunto cun docente, deberán contar unha historia relacionada co Día das Letras Galegas, utilizando a ferramenta scratch (https://scratch.mit.edu) e en formato story telling. 

Cada centro pode presentar varios proxectos e cada alumno só pode pertencer a un grupo e proxecto. Os traballos poden enviarse ao enderezo info@cpeig.gal ata as 23.00 horas do 12 de maio. Neste mesmo enderezo pódese consultar calquera dúbida sobre o concurso.

Un xurado composto por representantes do CPEIG e da Amtega elixirá o proxecto gañador, que levará un kit de robótica para o centro. A entrega do premio farase o día 14 de maio no decurso da xornada Rapaciñ@s, que vai ter lugar na Cidade da Cultura de Galicia.

Na súa decisión, o xurado valorará o nivel funcional, a implantación de programación e deseño, a finalidade e orixinalidade e a relación coa temática do certame. 

Podénse consultar as bases aquí