O Instituto de Formación Financeira e Empresarial (IFFE Business School), entidade colaboradora do CPEIG co que mantén un convenio, organiza unha xornada de portas abertas prevista para o 19 de maio. Están convidadas ao evento todas as colexiadas e colexiados que desexen asistir, previa inscrición na web www.iffe.es.
O IFFE ten como misión "conectar a innovación, a formación e o mundo empresarial mediante a creación de talento como suma de capacitación, coñecemento, creatividade, networking e capacidade operativa", segundo destacan os responsables da entidade. Desde 2009 imparte programas máster a través de tres áreas de formación: Management, Tech e Health.
En concreto, a escola IFFE Tech School nace co propósito de dar resposta aos novos retos tecnolóxicos reflectidos na Industria 4.0, Big Data e a dirección de proxectos, básica en calquera organización de carácter tecnolóxico.
Entre os produtos formativos que ofrece o Instituto, figura o máster en dirección de proxectos e organización empresarial: http://www.iffe.es/formacion-executive/master-en-coruna-galicia-presencial/master-en-direccion-de-proyectos-y-organizacion-empresarial/. Grazas á colaboración entre o CPEIG e o IFFE, as persoas colexiadas poden acollerse a unha bonificación do 10 por cento neste e noutros másters.
Programa da xornada de portas abertas:
17:00 – 18:00 |
Presentación IFFE Tech School |
|
18:30 – 19:30 |
Presentación IFFE Health School |
|
17:30 – 18:30 |
Persoas, empresa e mercados: o factor humano e a toma de decisión |
|
17:30 – 18:30 |
A planificación fiscal e contable como parte da estratexia |
|
19:00 – 20:00 |
Xestión do talento organizativo: a nova ferramenta estratéxica |
|
19:00 – 20:00 |
O novo papel do CFO nas organización |
Acordo de colaboración
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia e o Instituto de Formación Financeira e Empresarial manteñen desde hai un par de anos un acordo de colaboración para o desenvolvemento conxunto de actividades formativas. O obxecto é crear un marco estable e flexible de cooperación co obxectivo de enriquecer as actividades propias de ambas entidades.
O acordo inclúe, como xa se comentou máis arriba, a bonificación do 10 por cento para as persoas colexiadas no CPEIG nos produtos formativos de IFFE Busines School, agás acordo específico doutra porcentaxe en función do produto. Ademais, establece o compromiso de colaboración na organización de conferencias, coloquios, seminarios e outras actividades educativas, e de deseño e desenvolvemento conxunto de accións formativas e de consultaría e asesoramento.