Pasar al contenido principal

Linknovate e Situm, galardoadas polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia

estatuíña

Dúas empresas galegas con dimensión internacional, Linknovate e Situm, resultaron gañadoras ex aequo do Premio Iniciativa Emprendedora, que concede o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG).

Linknovate Science S.L. nace no ano 2012 en Palo Alto, na aceleradora de startups da Universidade de Stanford, co obxectivo de axudarlles ás empresas a identificar tecnoloxías e mercados emerxentes, e os seus axentes clave. En concreto, Linknovate realiza recuperación de información sobre bibliotecas de revistas científicas, patentes e múltiples fontes de datos para facilitarlles ás empresas intelixencia "na procura de contribucións  e partners que lles poidan interesar para os seus proxectos".

Ofrecen "intelixencia competitiva como servizo", mediante o desenvolvemento de ferramentas de software, como o motor de busca para innovación: Linknovate.com e a elaboración de reports personalizados que inclúen a opinión directa de expertos e analistas dedicados en exclusiva ao proxecto, curando información, máis alá dos algoritmos de Machine Learning e NLP, que axudan a dixerir grandes cantidades de datos.

A súa tecnoloxía céntrase na analítica de datos e visualizacións e información directa de expertos na materia (primary research). O seu modelo de negocio é realmente accesible, con subscricións freemium (sen custo de alta) e informes personalizados on-demand.  Aínda que son unha compañía TIC, o seu negocio é transversal. Serven a clientes en múltiples industrias, como en enexía (Repsol), automoción (Faurecia, BMW), electrónica de consumo (Jabil Inc.), sanidade (ACIS-Sergas) ou biotecnoloxía (IBA-Group).

Premios

-        2013. Seleccionados por StartX para o programa acelerador de empresas da Universidade de Stanford en Palo Alto.

-          2014. Hola Cloud (ICT Cloud Computing). H2020 grant, concedido pola Comisión Europea.

-          2015. Finodex (FiWare, aceleradora europea en Open Data). Concedido pola Comisión Europea.

2016. Seleccionados por Microsoft para o programa acelerador de empresas de Microsoft en Berlín.

-          2016. Recap (TIC Cloud Computing). H2020 grant, concedido poa Comisión Europea.

-          2016. SME Instrument fase 1. H2020 grant, concedido pola Comisión Europea.

 Situm

Pola súa banda, Situm Technologies S.L. é unha spin-off do Centro de Tecnoloxía Avanzada da Universidade de Santiago de Compostela (CITIUS), fundada en 2013. Desenvolveu unha tecnoloxía de posicionamento en interiores única tras máis de 7 anos de investigación aplicada en robótica móbil e intelixencia artificial. Situm é sinónimo de mapas de interiores, localización e navegación coa máxima precisión para os usuario móbiles, a infraestrutura mínima e o menor tempo de implementación.

Os seus fundadores, doutores en enxeñaría, uniron os seus esforzos para lograr o mellor posicionamento en interiores de alta precisión para smartphones, sen a necesidade de instalar ou investir en hardware adicional.

Entre outros premios, o equipo de Situm recolleu ao longo da súa traxectoria os seguintes:     

            -Premios Everis 2016. Accésit.

            - Gañadora do IMPACT’s Third Open Call (2015) e IMPACT Extensión 2016

            -Onda Emprende. Onda Cero 2015

            -Open Future 2015. Primeiro premio.

            -Mellor spin-off de base tecnolóxica USC 2015

            -Emprendedor XXI Galicia. Primeiro premio.

            -Premio Elevator Pitch Singularity University 2015.

            -Top 5 Startups máis prometedoras en Digital Solutions for Mass Markets. South

            Summit Awards 2015.

            -Galicia Emprende 2015. Gañador da categoría internacional.

            -Galicia Spin-Off 2015, categoría Mellor Idea Emerxente.

            -YUZZ 2014.Primeiro premio.

            -Smart Ideas 2014 no Proxecto Smart City. Concello da Coruña.

Noite da Enxeñaría en Informática

A Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia é o evento TIC referente de Galicia, no que representantes do empresariado, profesionais e persoas colexiadas se reúnen ao redor dunha profesión cunha crecente proxección na sociedade.