Pasar al contenido principal

O ISMS Forum Spain celebra a convocatoria extraordinaria do curso de especialización en protección de datos preparatorio do CDPP

Isms

O ISMS Forum Spain celebrará a convocatoria extraordinaria do  curso de especialización en protección de datos, preparatorio do exame Certified Data Privacy Professional  (CDPP), no marco do acordo que mantén co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e en colaboración con Abanca.

Esta actividade formativa ten como principal obxectivo proporcionar una completa visión sobre a protección de datos persoais, así como unha preparación teórica e práctica para a presentación ao exame da certificación CDPP.

A obtención desta certificación acredita un alto nivel de especialización na normativa española en materia de protección de datos de carácter persoal, tanto nun contexto local coma nun contexto europeo e internacional, así como un dominio dos fundamentos que rexen a Seguridade da Información. A data do exame é o día 15 de decembro.

Comezo o 19 de outubro

As datas de impartición do curso serán os días 19, 20, 26, 27 de outubro e o 3 de novembro, en horario de 9 a 15 horas.  O Centro Abanca Obra Social en Santiago de Compostela acollerá a actividade formativa.

A tarifa de inscrición no curso con dereito a exame é de 1.000€, IVE incluído, unha vez aplicado o desconto preferente acordado co CPEIG.

Máis información: https://www.ismsforum.es/iniciativas/index.php?idsubcategoria=2