Pasar al contenido principal

Uns 120 profesionais asisten en Santiago a unha xornada sobre os retos da transformación dixital e novas tendencias

Xornada Gartner

A sesión, que se celebrou no Centro Obra Social Abanca, servirá para enriquecer o ecosistema tecnolóxico e dixital de Galicia

Estivo organizada polo CPEIG, Abanca, Amtega e a consultora Gartner 

O Centro Obra Social Abanca de Santiago acollo xoves, 28 de febreiro, a "Xornada de innovación e tendencias tecnolóxicas", organizada polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), Abanca, Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a empresa consultora e de investigación das tecnoloxías da información Gartner.

A xornada nace cun triplo obxectivo de concienciar e achegar a empresas galegas as principais tendencias tecnolóxicas e retos habituais que trae consigo a dixitalización, da man de expertos de reputación mundial de Gartner; reflexionar nun foro de CIOs (directores de tecnoloxía) das principais organizacións galegas para compartir experiencias, preocupacións e visións sobre temas de interese común para Galicia (talento, axilidade, privacidade…); e contribuír e enriquecer o ecosistema tecnolóxico e dixital de Galicia para fortalecer a súa imaxe de territorio innovador e dinámico. 

A sesión contou coa asistencia de aproximadamente 120 persoas representando  ás principais organizacións tractoras no ámbito tecnolóxico e empresarial de Galicia. Trala apertura conxunta para compartir obxectivos, abriu a xornada o executive partner de Gartner para Amtega e ex CDO de RTVE, Miguel Ángel Morcuende, cunha mensaxe inspiradora sobre un termo xurdido no último Symposium ITxpo de Gartner, ContinuousNext, e ademais explicará como as organizacións e a sociedade en Galicia deben ir preparándose para un cambio permanente. 

Posteriormente, o research VP de Gartner (vicepresidente de investigación), Brian Burke, continuou cun relatorio onde ofreceu a súa visión sobre as principais tendencias tecnolóxicas de 2019 e sobre como liderar a súa adopción. 

O senior director Analyst de Gartner, Daniel Sánchez Reina, compartirá cos participantes experiencias exitosas de organizacións que souberon adaptarse culturalmente aos cambios, ademais de desenvolver un marco de traballo para dar eses primeiros pasos. 

Por último, a directora de Amtega, Mar Pereira, clausurou a xornada resaltando o compromiso da Axencia coa Axenda Dixital de Galicia, apuntalado cunha recente colaboración con Gartner como asesor estratéxico.