Finalmente hoxe foi o día no que Bill Gates dixo adeus a Microsoft, dedicando unhas palabras aos traballadores da empresa no que case foi un discurso lacrimóxeno, durante o que a voz do fundador da compañía creada en 1975 tremeu en varias ocasións.
A intervención de Gates foi curta, e se notou especialmente afectado cando dixo que "non haberá un día na miña vida na que non pense en Microsoft, nas grandes cousas que estamos a facer", mentres que Steve Ballmer agradecía a súa dedicación a Gates: "Non hai xeito de dicir grazas a Bill. Bill é o fundador. Bill é o líder. Este é o bebé de Bill".
A partir de agora Gates dedicará os seus esforzos á Fundación que preside coa súa dona, para axudar aos máis necesitados achegando fondos para a investigación de novas vacinas ou promovendo microcréditos.