Pasar al contenido principal

Péchase a quinta edición do concurso literario infantil e xuvenil sobre protección de datos con 21 traballos, convocado polo O CPEIG e a Xunta de Galicia

Concurso protección da datos

O fallo do xurado darase a coñecer no mes de abril 

Daniel Conde de 5º de Primaria do CEIP Virxe da Pena da Sela de O Irixo, en Ourense, e Ivonne Ferreira de 4º da ESO do CPI de Cova Terreña en Baiona foron os gañadores en 2020

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e a Xunta de Galicia pechan a  convocatoria do V Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos 2021, coa participación dun total de 21 traballos de nenas e nenos de 5º e 6º de Primaria e alumnas e alumnos de 1º a 4º de ESO. Os gañadores nas diferentes categorías daranse a coñecer no mes de abril trala reunión do xurado do certame.

Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, outro para a categoría de 1º e 2º de ESO e outro para a categoría 3º e 4º de ESO, que consiste nunha tableta para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Ademais, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización. 

Os gañadores da IV edición do Concurso Literario Infantil sobre Protección de Datos 2020 foron: Daniel Conde Rodríguez de 5º de Primaria do CEIP Virxe da Pena da Sela de O Irixo, en Ourense, polo seu traballo “A historia de Manuel”, un relato curso no que conta a historia ficticia dun adolescente e os problemas que xurdiron tras publicar fotos dunha excursión escolar cos seus amigos nas súas redes sociais; e Ivonne Ferreira Silva de 4º da ESO do CPI de Cova Terreña en Baiona, que resultou gañadora grazas ao traballo “Protección de Datos” no que de forma pormenorizada explica que é a protección de datos, a figura do Delegado de Protección de Datos e o uso dos datos de carácter persoal.

Este concurso ten por obxecto que a sociedade galega tome conciencia da necesidade de incorporarse á cultura da protección de datos, nomeadamente os menores de idade, promovendo o coñecemento de cales son os dereitos e responsabilidades en materia de protección de datos.