Pasar al contenido principal

“IT4Ukrainians.com”, plataforma de axuda á empregabilidade dos refuxiados ucraínos, recibe o Premio e-Inclusión do CPEIG

“IT4Ukrainians.com”

Impulsada por Mobile World Capital Barcelona e CIONET, é un portal de oportunidades laborais para profesionais con capacidades no ámbito tecnolóxico e dixital en empresas punteiras en Europa

O CIO e director de Conectividad Inteligente de Mobile World Capital Barcelona, Eduard Martín, e o director Xeral Corporativo de CIONET, Bruno Méndez, recollerán a distinción na gala da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia que se celebrará o 1 de xullo en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio e-Inclusión da XIV Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia á plataforma “IT4Ukrainians.com” de axuda aos refuxiados ucraínos, fundada por Mobile World Capital Barcelona e CIONET Iberoamérica coa colaboración de Widerpool e RDT Ingenieros, ademais de múltiples organizacións adheridas e colectivos do ámbito dixital e Information Technology (IT) como o Consejo de Colegios de Ingeniería Informática de España (CCII).

“IT4Ukrainians.com” (https://it4ukrainians.com) é un proxecto sen ánimo de lucro dirixido a ofrecer oportunidades de futuro ás persoas refuxiadas ucraínas e as súas familias que atesouran capacidades e coñecementos no ámbito tecnolóxico e dixital. Trátase dunha iniciativa pioneira para axudar a estas persoas, obrigadas a marcharse do seu país, a buscar emprego estable e de calidade de carácter indefinido, mentres se prolonga a estancia noutros países, conectando o seu talento dixital coa demanda destas capacidades e competencias por parte de empresas punteiras e innovadoras do sector en toda Europa. O CIO e director de Conectividad Inteligente de Mobile World Capital Barcelona, Eduard Martín, explica que a iniciativa contribúe a mellorar as súas condiciones de vida mentres dure o conflito. Eduard Martín recollerá a distinción do CPEIG na gala da Noite acompañado polo director Xeral Corporativo de CIONET, Bruno Méndez.

O obxectivo de “IT4Ukranians.com” apóiase nun feito no que moitas ONGs insisten nos últimos tempos: A realización profesional facilita o proceso de integración e axuda ás persoas a construír un futuro mellor para elas e as súas familias. A plataforma, dispoñible en inglés e ucraíno, ofrécese para que as persoas interesadas poidan obter unha oportunidade no sector dixital, dando soporte en cinco áreas: 

•    Asesoramento sobre titulacións e certificacións profesionais no campo dos empregos dixitais.
•    Identificación das capacidades e competencias técnicas de cada persoa.
•    Contacto, intermediación e filtrado de compañías que poidan ofrecer garantías de contratación e de desenvolvemento profesional e que, entre as súas necesidades estean as de cubrir posicións con perfís dixitais, informática ou enxeñaría.
•    Mentorización, asesoramento, se é necesario, para a súa plena integración profesional durante este período das súas vidas e amparo legal en todo o proceso garantindo modelos de vinculación laboral plenamente legais.
•    Apoio a súa integración lingüística.

A plataforma permite que os interesados poidan enviar os seus datos de contacto, unha breve descrición das súas competencias e coñecementos técnicos e formación, así como o seu perfil de LinkedIn. A partir de aquí realízase un filtrado que garanta a validez da oferta de traballo proposta e o potencial encaixe desa persoa no posto.

“Son más de 250 las compañías que se han interesado por la iniciativa y muchas de ellas poseen las condiciones necesarias de adecuación de las competencias ofrecidas al puesto de trabajo. La labor de CIONET y del MWCapital con esta iniciativa está en dar consistencia y rigor tanto laboral como legal a todo el proceso evitando que haya cualquier tipo de aprovechamiento inadecuado de las condiciones de fragilidad y desamparo por parte de muchos de los refugiados y sus familias” –indica Bruno Méndez. Por iso, Méndez comenta que se traballa de forma “meticulosa y concienzuda” para evitar organizacións que soamente teñan un interese pasaxeiro e de marketing como “pseudo-obra social” e ponse moito o foco en adecuar o perfil dos máis de 150 enxeñeiros e profesionais dixitais que superaron o primeiro cribado ás posicións ofertadas. Destaca que traballan cun dos fundadores do proxecto e elemento crucial en todo o proceso, como é RDT Ingenieros, unha compañía cunha longa e sólida traxectoria en garantir procesos de contratación formais, legais e sostibles nel.

A NOITE, a gala máis importante da informática en Galicia, celebrarase o 1 de xullo no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é o punto de encontro entre as/os colexiadas/os do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos e é un referente para o sector. Os premios da Noite corresponden nesta edición a doce categorías onde o corpo colexial recoñece as iniciativas ou persoas destacadas no ámbito da enxeñaría en informática.