Pasar al contenido principal

Xa está aberto o prazo de inscrición para a segunda edición de CIBER.gal, que terá lugar o 9 e 10 de novembro na Cidade da Cultura coa colaboración do CPEIG

Cibergal

O Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal, que se celebrará os días día 9 e 10 de novembro no  Edificio Fontán da Cidade da Cultura coa colaboración do CPEIG, xa abriu o seu prazo de inscrición. Durante dúas xornadas e a través de diferentes actividades e relatorios de expertos de referencia, abordarase o estado da ciberseguridade nas empresas, traballadores e cidadáns. 

Esta segunda edición de CIBER.gal, organizada polo Nodo Ciber.gal non é un evento só para profesionais/expertos do sector, senón para toda a sociedade: familias, sector educativo, menores, educadores, colectivo senior, profesionais de todos os sectores, con actividades para cada perfil. 

Os interesados en participar poderán inscribirse ata o día 8 de novembro a través deste enlace https://inscricioncibergal.gaiastech.xunta.gal/gl/index.html, tendo en conta que a asistencia presencial está limitada ao aforo do espazo. Ademais, poderán optar por inscribirse nun ou máis bloques de actividades, segundo as súas preferencias ou intereses. 

A mañá da primeira xornada centrarase nos retos da ciberseguridade nas administracións públicas mentres que durante a tarde o público obxectivo será obxectivo será o tecido empresarial. A segunda xornada está orientada á cidadanía e afondará na importancia da formación e retención de talento no ámbito da ciberseguridade. 

Máis Información: https://amtega.xunta.gal/nova/xa-esta-aberto-o-prazo-de-inscricion-para-a-segunda-edicion-do-encontro-galego-de