O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Cátedra R, a plataforma Armis, a fundación Gradiant e empresas do sector tecnolóxico –InprOTech, Cloud.gal, Forensic & Security e Qualinnova– organizarán o vindeiro venres, 10 de febreiro, a xornada “Hacking Nivel Mega”, un evento mix lúdico- formativo sobre ciberseguridade no Museo Mega de Estrella Galicia da Coruña (rúa José María Rivera Corral, 6), de 16 a 20:30 horas. Realizaranse as seguintes actividades:
Visita ao museo
Experiencia dunha cata de cervexa
Servizo de maridaxe de queixos
Conferencias: Juan González, de Gradiant: Criptografía (e tamén matemáticas...) maridadas con cervexa, que pode saír mal?”; e Joel Senra: “RFID en controis de acceso e sistemas de autoservizo”
Inscríbete: https://www.woutick.es/evento/24563/entradas-hacking-nivel-mega