Galicia Business School formará parte do Programa ‘Generación Digital Pymes’, unha iniciativa liderada polo Ministerio de Asuntos Económicos y Transformación Digital, que ten como obxecto principal impulsar a transformación dixital das Pequenas e Medianas Empresas Españolas (PYMES), para que consigan internacionalizar o seu negocio e aumentar a súa produtividade.
Dentro do convenio de colaboración entre Galicia Business School e o CPEIG, infórmase deste programa aos colexiados/as, valorado en 6.000€ e completamente gratuíto grazas ao financiamento do fondo Next Generation EU.
O programa está deseñado para empresarios, directivos e profesionais con funcións directivas pertencentes a pemes galegas, cun cadro de persoal que oscila entre os 10 e os 249 traballadores.
Só poderán participar dúas persoas por peme adherida. O programa combina cinco xornadas de formación presencial coa formación presencial dixital a través da plataforma. De este modo asegúrase a xeración do networking necesario dun programa directivo coa adaptabilidade e flexibilidade da formación online, tan esencial para a axenda dos profesionais.
O programa consta dun total de 146 horas repartidas entre os meses de setembro e decembro. Da totalidade de horas, 40 celebraranse de forma presencial e terán lugar en:
• Santiago de Compostela: inicio martes 12 de setembro
• A Coruña: inicio mércores 13 de setembro
• Vigo: inicio xoves 14 de setembro