Xa temos aquí os resultados da 2ª OLA sobre o estado emocional dos profesionais TIC de España, realizada por SINFILTRO💬. Coñecer os aspectos máis humanos e menos visibles da profesión foi o obxecto dunha mesa redonda celebrada o 26 de setembro, moderada por Marcelo Castelo Rivas. Alberto García aportou os datos do estudo e tamén participaron o presidente do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática - CCII de España e do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia, (CPEIG), Fernando Suárez; e os presidentes do Colegio Ingeniería Informática de las Illes Balears (COEIIB), Juana María Perea; do Colegio Oficial de Ingeniería Informática de la Comunitat Valenciana (COIICV), Alejandro Blasco Iborra; e o vicedecano Jose M. Rodríguez Sánchez do Col·legi Oficial d'Enginyeria Informàtica de Catalunya (COEINF)
Pódese ver a mesa redonda neste enlace de YouTube: https://www.youtube.com/watch?v=D_qdh--Kqf4&t=7s