Contouse con profesionais expertos en materia laboral, tributaria, de Seguridade Social e axudas e subvencións, como a maxistrada-xuíza do Xulgado do Social nº 2 de Santiago, Carolina Nores
O presidente do Colexio, Fernando Suárez, inaugurou a sesión que se celebrou no hotel OCA Puerta del Camino
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Fisela Asesoría e Servizos Xurídicos organizaron o venres, 27 de outubro, a xornada “Mobilidade internacional de traballadores: as claves da súa xestión”. A actividade celebraouse no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago.
A xornada centrouse en coñecer os aspectos máis importantes e prácticos nos que deben reparar aquelas empresas que presenten esta casuística da mobilidade internacional de traballadores. Contouse con grandes profesionais expertos na materia que falarán de formalidades, procedementos e prazos requiridos para os desprazamentos internacionais, tanto a nivel de empresa como de traballador, analizando cuestións laborais como o concepto de nómina espello ou shadow payroll, cuestións relacionadas coa Seguridade Social, cuestións tributarias, e axudas e subvencións públicas.
A maxistrada-xuíza do Xulgado do Social nº 2 de Santiago, Carolina Nores, analizou as cuestións laborais na xestión de traballadores no estranxeiro; o xefe da área de Inscrición e Afiliación da Dirección Provincial da Tesourería Xeral da Seguridade Social da Coruña, Xesús A. Couceiro, e o director Territorial de Ibermutua, Javier Flórez, falaron da abordaxe dos traballadores desprazados en materia de Seguridade Social; a xefa rexional adxunta de Gestión Tributaria da Axencia Tributaria, Eva Palacios, deu as claves tributarias na xestión de traballadores no estranxeiro; e a subdirectora Xeral de Internacionalización do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), Laura María González-Dopeso, ofreceu información sobre as axudas e subvencións para empresas que fomenten a mobilidade internacional de traballadores.