Pasar al contenido principal

O CPEIG e a Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia pechan as xornadas de contacontos ‘Ciberseguranza Kids’ cunha sesión no Gaiás Tech da Cidade da Cultura

Contacontos

O alumnado de 6º de Primaria do CEIP Mestre Vide de Ourense participou na actividade a partir das 15:30 horas

O Colexio Profesional de Enxeñería en informática de Galicia (CPEIG), no marco do convenio de colaboración coa Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta de Galicia,  impartiu en outubro a xornada ‘Ciberseguranza Kids’ por centros escolares de toda Galicia. Realizáronse sobre unha trintena de sesións de contacontos enfocadas en achegar aos máis pequenos o coñecemento dun uso seguro da internet e fomentar un bo uso da tecnoloxía. 

Esta xornada de peche da actividade celebrouse o 26 de outubro no Gaiás Tech da Cidade da Cultura en Santiago. Asistiu o alumnado de 6º de Primaria do CEIP Mestre Vide de Ourense. Á inversa, celebouse unha xornada o venres 27 de outubro para o alumnado de 5º de Primaria do CEIP Mestre Vide de Ourense, sesión presentada polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, un representante do equipo de ciberseguridade da Garda Civil, Roberto Valente, e Efrén Varón da Universidade de Vigo.

O contacontos “Ciberserguridade con Sofía” mestura narración e ilustración, acompañado dun músico que toca o ukelele e canta unha canción relacionada co proxecto. É unha historia na que se conta dun xeito lúdico ao alumnado os perigos da rede e da ciberseguridade. Tras o conto, o alumnado poderá preguntar dúbidas sobre a temática. 

Estas xornadas sobre ciberseguridade están enmarcadas no programa ‘Tech Kids’, actividade incluída na ‘Estratexia Galicia Dixital 2030’ e no ‘Plan DigiTalent 2030: Camiña en Dixital’ e realizada a través do convenio asinado entre o CPEIG e a Axencia para a realizacións de actuacións de formación, capacitación e promoción no ámbito das tecnoloxías da información en Galicia para fomentar a sociedade dixital.