O Parlamento Europeo reclamou onte, no marco do debate sobre a reforma do sector das telecomunicacións, unha normativa que reforce a protección dos datos persoais aos usuarios de internet. Trataríase de estender as disposicións sobre protección de datos ás redes privadas e non só, como acontece agora, ás redes públicas.
Isto significa que os datos persoais conservados nos servidores das redes sociais do tipo Facebook ou Myspace, así como diversas páxinas web, se beneficiarán da mesma protección que as redes públicas. Aínda que estas páxinas están sometidas ás diferentes lexislacións nacionais, non existe ata a data unha normativa europea de protección de datos en todo o ámbito da Unión. A proposta deberá pasar á á Comisión Europea e ao Consello de Ministros para converterse en lei.