Pasar al contenido principal

O CPEIG colabora en Futurgal, congreso organizado pola ESEI onde se reunirán 50 especialistas para impulsar o emprendemento

Futurgal

Futurgal reunirá a máis de 50 especialistas para impulsar o emprendemento a partir de experiencias de éxito e o coñecemento disrutivo.  Organizado pola Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, conta coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática (CPEIG).

Celebrarase do 30 de novembro ao 5 de decembro, cun panel diverso que profundará en ideas audaces e transformadoras para inspirar aos emprendedores. Contará coa participación de relatores como Enrique Dans, Elsa Punset, Juan Verde ou Fernando Trías de Bes.
Futurgal está dirixido a persoas apaixonadas pola innovación e o emprendemento, comprometidas coa igualdade de oportunidades, a innovación inclusiva e a colaboración para impulsar as economías locais. O evento poderá seguirse de forma híbrida (con asistencia presencial ou dixital) e será gratuíto.

Unha das mesas monográficas abordará como emprender no mundo da moda, a través das experiencias persoais da deseñadora Ághata Ruiz de la Prada; de Pepa Bueno, presidenta da Asociación de Creadores de Moda de España; e Dora Casal, executiva de Roberto Verino. 

Máis información e inscricións: https://futurgal.com/