O noso compañeiro Iván Luis Vázquez, vogal da xunta de goberno do #CPEIG, ofreceu o pasado 1 de decembro unha xornada formativa no CEIP Virxe da Pena, en O Irixo (Ourense), enmarcada no contexto do grupo de traballo de cidadanía do Nodo Galego de Ciberseguridade #CIBERgal, grazas á colaboración do CPEIG e a Deputación de Ourense.
Á charla, titulada "Internet: coñecelo para protexerse", asistiron nenos de 8 a 11 anos que coñeceron os perigos da rede (ciberbulling, perfiís falsos, sexting, phising, hoax... entre outros), e aprenderon sobre o uso seguro de internet.