Ángel Viña, CEO: “Lo que inicialmente fue una investigación sobre una serie de escenarios que requerían flujos de datos en tiempo real, pronto se convirtió en la visión de una nueva generación de tecnología de gestión de datos”
A compañía recibirá a distinción na gala da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 21 de xuño en Santiago
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) concede o Premio Iniciativa Empresarial da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024’ á empresa Denodo, compañía líder na xestión de datos, con sede en Palo Alto (California) e presenza no mercado a nivel mundial a través de 30 oficinas establecidas nos principais núcleos empresariais, con tres centros técnicos globais situados en India, na Unión Europea e en EE.UU., e cun equipo directivo diverso e distribuído xeograficamente por todo o mundo.
A empresa foi fundada polo seu CEO, Ángel Viña, en 1999. Denodo xurdiu a partir de proxectos de investigación desenvoltos na Universidad Politécnica de Madrid e, posteriormente, na Universidade de A Coruña (UDC). A investigación, dirixida por Viña que naquel momento era profesor a tempo completo, exploraba o uso de tecnoloxías de acceso e integración de datos en tempo real para acelerar o "tempo de uso dos datos" en complexos sistemas de datos distribuídos. O obxectivo era acelerar o proceso de recompilación e entrega de datos mediante a unificación semántica das fontes de datos que interveñen nun ecosistema informático distribuído típico. “La tecnología predominante en aquel momento era demasiado rígida, basada en conexiones por cable punto a punto, o demasiado lenta, basada en el procesamiento ETL por lotes para construir almacenes de datos integrados y almacenes de datos operativos. Lo que inicialmente fue una investigación sobre una serie de escenarios que requerían flujos de datos en tiempo real de extremo a extremo con fuertes requisitos de integración, pronto se convirtió en la visión de una nueva generación de tecnología de gestión de datos” –explica o directivo–.
Viña recoñeceu axiña que os métodos tradicionais de integración de datos tiñan limitacións para abordar en tempo real a entrega de conxuntos de datos desde unha infraestrutura de datos en continuo crecemento, no que se refire a número de fontes de datos, diversidade de tecnoloxías de datos e volumes de inxesta de datos.
“Era probable que los repositorios de datos crecieran hasta alcanzar un tamaño insostenible. Los ecosistemas de datos estaban, y siguen estando, intrínsecamente distribuidos, fusionando diferentes tecnologías desde las heredadas hasta las de última generación, y las organizaciones tenían una presión cada vez mayor para exponer conjuntos de datos integrados en tiempo real a un mayor número de consumidores, aplicaciones empresariales y usuarios de todo tipo” –destaca o CEO de Denodo–.
Así, Viña traballou de forma incansable con algúns dos seus estudantes e investigadores adxuntos, moitos dos cales continúan na empresa asumindo postos de relevancia, para resolver un problema que, na súa opinión, sería cada vez máis perentorio a medida que avanzara a tecnoloxía. Como podemos integrar mellor e dar sentido a unha diversidade de datos cada vez maior nun ecosistema de datos organizativo? Como unificar semanticamente diferentes sistemas de datos en tempo real? Como se pode xestionar de forma centralizada as diferentes cargas de traballo e fluxos de datos que dan vida a unha organización? En definitiva, como se poden liberar os datos? A resposta é o que se coñece como virtualización de datos. O proxecto de investigación universitario cobrou vida no ámbito comercial, nacendo así Denodo.
En esencia, Denodo Platform utiliza a virtualización de datos, un enfoque de integración de datos que permite aos usuarios integrar datos sen replicalos. Ao longo dos anos, Denodo desenvolveu unha gran cantidade de características e funcionalidades que axudan as empresas a integrar, xestionar e entregar datos en toda a organización, nun entorno de datos altamente distribuído que abarca múltiples xeografías e ecosistemas. Con máis de 20 anos de innovación, Denodo Platform ofrece virtualización de datos para empresas con unha interfaz intuitiva, tendo actualmente máis de 700 clientes de 35 sectores diferentes.
Alberto Pan, CTO da compañía, recollerá o galardón na ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 21 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é un punto de encontro entre as colexiadas e colexiados do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos. A Noite é xa unha gala consolidada onde o Colexio profesional pretende mostrar a sociedade o traballo desenvolto por enxeñeiras e enxeñeiros en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC.