Pasar al contenido principal

A matemática Rosa Díaz, nova Colexiada de Honra do CPEIG

Colexiada de Honra 2024

Agradece o recoñecemento que pon de manifesto que esta disciplina das Ciencias Exactas e a Enxeñaría en Informática están ligadas: “Juntos y juntas podemos seguir innovando y mejorando nuestra sociedad”

Recollerá a distinción na gala da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará este venres 21 de xuño en Santiago

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) outorga o Premio Colexiada/o de Honra da ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia 2024’ á matemática e directora do Observatorio Nacional de Tecnología y Sociedad (ONTSI), Rosa Díaz Moles. 

“Ser galardonada con esta distinción del CPEIG es un honor inmenso y profundamente emotivo para mí. Como matemática, ver reconocido mi trabajo en el ámbito de la ingeniería informática es muy gratificante. Agradezco sinceramente este reconocimiento que pone de manifiesto que nuestras disciplinas están ligadas y que juntos y juntas podemos seguir innovando y mejorando nuestra sociedad” –explica a nova Colexiada de Honra–.  

Rosa Díaz conta cunha sólida experiencia no sector TIC, con máis de 20 anos de traxectoria tanto no ámbito privado como no sector público estatal. É licenciada en Ciencias Exactas pola Universidade Autónoma de Madrid e conta na súa formación, entre outros, cun programa de Dirección Xeral polo IESE. 

Uniuse ao Instituto Nacional de Ciberseguridad de España (INCIBE) como subdirectora de Apoio á Empresa e I+D+i en 2019 e, posteriormente, foi nomeada directora xeral ata xuño de 2022, data na que foi nomeada directora do ONTSI en Red.es. Tamén foi  vicepresidencia do Foro Nacional de Ciberseguridad  desde a súa creación ata 2022 e desempeñou diferentes cargos directivos en empresas como Sage, Santander Elavon e Panda Security.

Dada a súa traxectoria profesional ligada ao papel das novas tecnoloxías na sociedade, Rosa Díaz destaca que o desenvolvemento tecnolóxico pode describirse como un fenómeno profundamente transformador, que facilita avances significativos en economía, saúde, educación e comunicación, e que mellora a eficiencia, a accesibilidade e a calidade de vida. “La tecnología ha democratizado el acceso a la información y ha abierto nuevas vías para la innovación y la creatividad” –indica–.

Subliña, non obstante, que estes avances tamén presentan grandes desafíos como a brecha dixital, que perpetúa as desigualdades existentes entre os e as que teñen acceso amplo a tecnoloxías dixitais e quen non ten ese acceso. Tamén preocupan a privacidade e seguridade dos datos. “A medida que acumulamos y compartimos más información en línea, aumenta el riesgo para nuestra privacidad, crece nuestra exposición y la posibilidad de sufrir ataques cibernéticos. De ahí la necesidad de políticas robustas y tecnologías de seguridad avanzadas para proteger la información sensible de nuestra ciudadanía, empresas y administraciones públicas” –argumenta–. 

Outro desafío que sinala Díaz é o impacto no emprego, onde a automatización e a intelixencia artificial están redefinindo os roles laborais tradicionais, creando unha necesidade “urgente” de reskilling e upskilling nas persoas traballadoras para que poidan adaptarse e non deixar a ninguén atrás. 

Finalmente, Rosa Díaz indica que outro reto é a ética na tecnoloxía, especialmente na intelixencia artificial, unha área de preocupación crecente. “Asegurar que los sistemas tecnológicos operen de manera justa y sin sesgos involucra consideraciones éticas y normativas que todavía están en desarrollo” –apunta–.

Fundadora e vicepresidenta de Woman4Cyber Spain, asociación para o impulso e visibilización do papel da muller en ciberseguridade e na diversidade de xénero no sector en España

Rosa Díaz pertence a diferentes grupos que teñen como obxectivo dar visibilidade á muller en postos de liderado dentro do mundo dos sectores da tecnoloxía. É fundadora e vicepresidenta da asociación Woman4Cyber Spain, iniciativa que nace co obxecto de converterse nun referente no impulso e visibilización do papel da muller en ciberseguridade en España, así como a diversidade de xénero no sector. 

Para estimular e potenciar o papel da muller no sector TIC, Rosa Díaz indica que é necesario dar respostas “globales y conjuntas”, ademais da colaboración publico-privada entre administracións públicas, entorno empresarial e ámbito académico. Tamén sinala que é fundamental o papel das familias e colexios en idades temperás. 

“Aún hoy es más frecuente que las familias non conozcan ciertas profesiones vinculadas al sector de la ingeniería, al sector TIC, por lo tanto, animan a la gente joven, especialmente a las chicas, a decantarse por estudios cuya finalidad está más claramente definida y divulgada” –explica Díaz–. Para ella, “la escuela tiene mucho que hacer, y junto a la familia, son un pilar clave para educar en igualdad desde la infancia y tener una sociedad más inclusiva y sostenible”.   

Rosa Díaz recollerá o galardón na ‘XVI Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia’ que se celebrará o 21 de xuño no Hotel OCA Puerta del Camino de Santiago. O evento é un punto de encontro entre as colexiadas e colexiados do CPEIG e un gran número de empresas e profesionais TIC de Galicia, que conta cunha destacada participación de cargos empresariais, institucionais e políticos. A Noite é xa unha gala consolidada onde o Colexio profesional pretende mostrar o traballo desenvolto por enxeñeiras e enxeñeiros en informática dentro da sociedade da información e as iniciativas relacionadas co ámbito das TIC.