Pasar al contenido principal

Os limites no uso da IA - CGAC

Os limites no uso da IA

O CPEIG colabora na Semana da CidadanIA

A Semana dá cidadanIA conclue este sábado 19 de outubro coa proxección no Auditorio do CGAC da película ‘Justicia Artificial’, recentemente estreada e dirixida por Simón Casal.

Tras a proxección celebrarase un coloquio moderado polo xornalista Jaime García Cantero, director de contidos de El País Retina, no que se debaterá sobre os límites do uso da IA en situacións tan complexas como a toma de decisións en conflitos bélicos ou en diagnósticos médicos. O coloquio contará coa participación da produtora, Chelo Loureiro, o director Simón Casal, e o actor Tamar Novas.