Pasar al contenido principal

Catalina Grimalt, Premio Ángela Ruiz Robles: “Dar visibilidad a las profesionales del ámbito TIC contribuye a romper estereotipos, a generar referentes y a construir una profesión más diversa, equitativa e inclusiva”

Premio Ángel Ruiz Robles a Catalina Grimalt

O acto celebrouse no marco dunha xornada nacional de mulleres en enxeñaría informática que versou sobre as infraestruturas dixitais

Fernando Suárez, presidente do CCII e do CPEIG: “Os equipos diversos son máis creativos, máis eficaces, máis humanos. A inclusión non é unha opción, é un imperativo”

O grupo de traballo de Mujeres en Ingeniería Informática do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática (CCII) celebrou hoxe en Santiago ‘II Xornada Nacional de Muleres en Enxeñaría Informática’, en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). 

O evento foi inaugurado por Mercedes Oliva, representante e membro de Mujeres en Ingeniería Informática (MEII) do CCII e membro da xunta de goberno do Colegio Profesional de Ingeniería Informática de Castilla y León; Fernando Suárez, presidente do CCII e +do CPEIG; e Manuel César Vila, concelleiro de Economía e Facenda do Concello de Santiago. Na clausura intervirán Juana Perea (videoconferencia), membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII e da xunta de goberno do Colegio Oficial de Ingeniería Informática de les Illes Balears (COIIB); Victoria González, membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII e colexiada do CPEIG, así como Project manager de Minsait; e María Quintiana, directora xeral de Promoción da Igualdade da Xunta de Galicia.

Nesta edición porase o foco no papel estratéxico das infraestruturas dixitais como base do desenvolvemento tecnolóxico e social para garantir unha contorna dixital accesible, segura e sostible. Este espazo de encontro busca destacar a participación das mulleres nun ámbito técnico fundamental, así como fomentar unha visión máis diversa e igualitaria na construción das infraestruturas que sosteñen a transformación dixital.

Fernando Suárez sinalou que esta xornada é un punto de encontro necesario para visibilizar, recoñecer e celebrar o talento feminino nunha profesión na que aínda existe a brecha de xénero. “Ante a falta de referentes femininos próximos, moitas vocacións apáganse antes de comezar, non por falta de talento, senón por falta de espellos nos que mirarse. Temos a responsabilidade de crear contornos onde ningunha rapaza teña que dubidar se encaixa. Temos que construír un espazo onde todas as persoas poidan brillar con luz propia” –destacou–.

O presidente sinalou que desde o CCII trabállase para que a presenza da muller no ámbito da enxeñaría informática non sexa noticia, asumindo un compromiso firme e estrutural coa igualdade para impulsar a visibilidade de referentes femininos; apoiar programas de mentorazgo e acompañamento no desenvolvemento profesional; colaborar con empresas, universidades e administracións para romper sesgos e barreiras; e promover accións educativas para que as nenas descubran, a idades temperás, que a informática tamén é o seu lugar.

“A brecha de xénero en informática non é só unha inxustiza, é unha oportunidade perdida para a innovación, a competitividade e o progreso social. Os equipos diversos son máis creativos, máis eficaces, máis humanos. A inclusión non é unha opción, é un imperativo” –manifestou–.

“Las principales apuestas tecnológicas en el Port de Barcelona se han centrado en la implantación del 5G, no solo en el ámbito terrestre, sino también con una cobertura adicional de hasta dos millas náuticas”

No marco do evento entregouse o Premio Ángela Ruiz Robles, un recoñecemento do Consejo (CCII) ao mérito, esforzo sostido e á capacidade de abrir camiños para as xeracións futuras desde a excelencia técnica e humana. Ángela Ruiz Robles (Villamanín, León, 1895) foi unha mestre, pedagoga e inventora española da como "enciclopedia mecánica", polo que é recoñecida como a precursora do libro electrónico, que exerceu a súa profesión educativa en Ferrol. Na súa segunda edición, a distinción recaeu na enxeñeira informática Catalina Grimalt Falcó, subdirectora xeral de Organización e Recursos Internos do Port de Barcelona. 

O recoñecemento foi entregado pola neta de Ángela Ruiz Robles, María Luisa Souto Grandal; e pola catedrática de IA da Universidade Politécnica de Cataluña, Karina Gibert, membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII, vicepresidenta 2ª do CCII e decana do Col·legi Oficial d’Enginyeria en Informática de Catalunya (COEINF).

Catalina Grimalt expresou o seu agradecemento por este recoñecemento ao CCII e ao grupo de DONESCOEINF que a propuxo, cunha mención especial a todas as persoas do Port de Barcelona que “han confiado en mí para liderar su desarrollo tecnológico, así como al gran equipo de profesionales que me ha acompañado a lo largo del camino”. 

“Recibir esta distinción es un orgullo y una gran responsabilidad, por lo que representa la figura de Ángela Ruiz Robles. Dar visibilidad a las profesionales del ámbito TIC contribuye a romper estereotipos, a generar referentes y a construir una profesión más diversa, equitativa e inclusiva. Además, esta visibilización trayectorias también refuerza la importancia del rol de los CIOs o directores de tecnología. Un rol que, más allá de lo técnico, aporta una visión estratégica capaz de alinear la innovación con los objetivos de la organización, generando impacto real y sostenible en su competitividad y en su transformación” –apuntou–.

O trofeo foi deseñado pola xornalista María Almodóvar e feito realidade pola empresa viguesa Garpe Impresión. Trátase dunha peza de metacrilato cun deseño futurista e minimalista, que se ilumina con luz LED azul ao prenderse mediante un discreto botón. O premio, que leva o nome de Ángela Ruiz Robles, a precursora do libro electrónico, é unha homenaxe ao seu legado e un símbolo do compromiso que o CCII e o grupo de MEII manteñen coa innovación e o talento feminino no ámbito da enxeñaría informática.

Tamén Catalina Grimalt ofreceu unha conferencia titulada “Smart ports, despregue do 5G e a remodelación da infraestrutura TIC do Porto de Barcelona para la Copa América”. A enxeñeira explicou que un smart port é un porto eficiente, sostible, seguro e conectado, que aproveita a tecnoloxía e os datos para optimizar a súa operativa, reducir o impacto ambiental e xerar valor para a comunidade. “Las principales apuestas tecnológicas en el Port de Barcelona se han centrado en la implantación del 5G, no solo en el ámbito terrestre, sino también con una cobertura adicional de hasta dos millas náuticas” –indicou–.

Como recinto industrial, Grimalt sinalou que a aplicación da intelixencia artificial —especialmente a visión artificial— permite recoller datos en tempo real sobre a actividade do porto e utilizar esta información tanto para ser máis transparentes como para mellorar a toma de decisións: máis áxiles, informadas e baseadas en datos. “En pocos años hemos desplegado más de 300 cámaras, y nos acercamos ya a las 500, cubriendo prácticamente todo el recinto portuario” –puntualizou–.

Como subdirectora, Catalina Grimalt impulsou unha transformación transversal que integra persoas, procesos e tecnoloxía para facer do Port de Barcelona un referente en innovación e sustentabilidade. “Los cambios tecnológicos los hacen personas y para las personas, por eso es fundamental aportar una visión integral e integradora de esta transformación” –argumentou–.

Ademais, celebrouse unha mesa redonda sobre "Datos e intelixencia artificial como infraestruturas básicas das novas organizacións", moderada por Patrícia Yábar la Roca, membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII e colexiada polo Col·legi Oficial d’Enginyeria en Informàtica de Catalunya (COEINF). Participaron diversas expertas: a catedrática de LSI e adxunta de Transferencia na Universidade da Coruña, Susana Ladra,  tamén membro de Mujeres en Ingeniería Informática do CCII e vicepresidenta do CPEIG; a consultora senior de datos, intelixencia e robots en Minsait, Tatiana Suárez; a científica de datos de INECO, consultora da Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial (SEDIA) do Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, Núria Albó; por videoconferencia Luisa Sanz, voceira de Intelixencia Artificial no Congreso dos Deputados; e Catalina Grimalt.