O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e Banco Sabadell asinan un convenio de colaboración para que colexiados e colexiadas poidan beneficiarse de solucións financeiras da entidade bancaria adaptadas as súas necesidades profesionais. O acordo foi asinado polo presidente do CPEIG, Fernando Suárez, e o director Rexional Galicia Norte de Banco Sabadell, David Martís.
Banco Sabadell dispón dunha ampla oferta de solucións financeiras dirixidas a colectivos profesionais. No marco deste convenio co CPEIG, os colexiados e colexiadas poderán beneficiarse da bonificación da cota de colexiado ata 100 euros para novos clientes nas contas da gama Sabadell PRO; tamén da conta Sabadell Negocios Plus PRO pensada para que autónomos, comercios, despachos profesionais e pequenas empresas se fagan grandes; da conta Sabadell Negocios PRO destinada a autónomos, comercios e negocios para a operativa necesaria no día a día da súa actividade; a posibilidade de solicitar diferentes préstamos, liña de pago online e consulta na Plataforma de Axudas e Subvencións Europeas de Banco Sabadell; así como outros servizos para a súa economía persoal.
O CPEIG comunicará aos seus colexiados e colexiadas os termos deste convenio e as solucións financeiras dispoñibles para eles en Banco Sabadell. En caso de estar interesados, poderanse dirixir directamente ao banco para coñecer máis información ao respecto.