Os 50 participantes asistiron a un taller de maxia, impartido polo Museo de Maxia Kiko Pastur, e desfrutaron nunha competición de croquet e nunha actividade de kayak no río Tambre
O Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizou o pasado sábado, 19 de xullo, unha xornada de convivencia ao aire libre para as colexiadas e colexiados e as súas familias.
O Colexio organizou unha xornada de ocio no Tambre Golf & Croquet, en Porto Avieira en Oroso). Os 50 participantes gozaron dun día cheo de actividades e unha comida de confraternidade no mesmo recinto. Primeiramente asistiron a un taller de maxia impartido polo Museo de Maxia Kiko Pastur, onde grandes e pequenos desfrutaron con trucos do mago. Houbo tamén bautismo e competición de croquet e unha actividade de kayak polo río Tambre.