O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e UNAYTA, empresa dedicada á consultoría documental e á transformación dixital, asinan un convenio de colaboración para a promoción e prestación de servizos especializados de consultoría documental e dixitalización aos colexiados e colexiadas, en condicións preferentes e con apoios mutuos na difusión e na formación.
UNAYTA ofrecerá un servizo especializado de auditoría documental adaptado ás necesidades das persoas colexiadas do CPEIG, con diagnose inicial –avaliación dos arquivos existentes, identificación dos documentos clave e análise dos fluxos e da organización documental actual–.
Organizaranse sesións informativas conxuntas para que os colexiados e colexiados do CPEIG coñezan os servizos de UNAYTA.