O CPEIG e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia da Xunta celebrarán os días 5, 6 e 7 de novembro na Cidade da Cultura de Galicia (Santiago de Compostela) a 5ª edición do Encontro CIBER.gal
Haberá conferencias, obradoiros, networking e actividades para todos os públicos. Serán tres xornadas de ciberseguridade:
5 de novembro: Innovación e colaboración para administracións públicas.
6 de novembro: Empresas, profesionais e tecido empresarial.
7 de novembro: Dirixida a cidadanía en xeral.
Xa podes consultar o programa e os relatores confirmados, así como planificar a túa asistencia ás diferentes actividades.
Toda a información e inscricións dispoñibles en: https://ciberseguridadegalicia.gal/es/cibergal/encontro-cibergal-1/2025-v-encuentro-cibergal