Pasar al contenido principal

Oportunidade! Programa de Formación de Competencias Dixitais, sen custo para colexiados

Programa Formación de Competencias Dixitais

O Consejo General de Ingeniería Informática (CCII), en colaboración con Unión Profesional (UPRO), pon en marcha, xunto a outros consellos de colexios profesionais españois, o programa Formación de Competencias Dixitais. Desde o CCII van a implementar estas formacións desde o 3 de novembro. 

Este programa trátase dunha formación transversal e específica, aplicable desde o primeiro día, con especial foco en intelixencia artificial, ciberseguridade e novas ferramentas dixitais. Abarca un itinerario completo que inclúe desde a xestión do tempo, o liderado dixital e as metodoloxías áxiles, ata o uso avanzado de ferramentas colaborativas como Microsoft 365, Google Workspace, Power BI, Power Platform, Copilot e CRM, como Dynamics 365. Tamén se abordan áreas clave como a intelixencia artificial, incluíndo a IA xenerativa e a súa integración na contorna  Microsoft 365, a análise e a gobernanza do dato, a seguridade dixital, o marketing dixital e a e-administración.

As inscriciones xa están abertas nesta web , onde será necesario, entre outros requisitos, aportar o número de colexiado. Upro ofrece unha formación flexible, práctica e sectorial, cun programa de 150 horas —40 comúns e 110 específicas segundo cada ámbito profesional— en modalidade híbrida flexible (online e presencial), accesible 24/7 a través dunha plataforma intuitiva e dinámica. Ao tratarse dunha formación flexible, non é necesario comenzala o 3 de novembro, senón que os usuarios poden incorporarse con posterioridade. 

En concreto, a formación específica do CCII, deseñada por profesionais, inclúe os siguintes cursos: Ciberseguridade, seguridade de sistemas e da información (15 h), Intelixencia Artificial (15 h), Big Data, Procesamento masivo de datos (15 h), Blockchain (10 h), Computación Cuántica (15 h), Realidade Virtual e Aumentada (10 h), Transformación Dixital en Enxeñaría Informática (10 h) e Innovación Tecnolóxica e Tendencias Emerxentes en Enxeñaría Informática (20 h). Pódese consultar toda a información sobre o curso neste enlace.

Trátase dun programa 100% sen custo para os profesionais,  subvencionado polos fondos europeos Next Generation EU, no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

Este proxecto está enmarcado dentro de Generación D, impulsada por Red.es, entidade adscrita ao Ministerio para la Transformación Digital y de la Función Pública, a través da Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial. Conta cun orzamento de 200 millóns de euros para o desenvolvemento dun programa de formación de competencias dixitais no ámbito dos colexios profesionais.