O debuxo de Amara será a postal institucional coa que o Colexio felicitará as festas
O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) fallou o décimo cuarta Concurso de Postais de Nadal 2025. O xurado do certame acordou, por unanimidade, elixir como postal oficial do CPEIG o debuxo de Amara Vila Seijo, que participou na categoría A dirixida a nenos en nenas de entre 3 e 12 anos.
A postal de Amara, unha nena de 8 anos de Santiago do CEIP Plurilingüe Cardeal Quiroga Palacios, foi presentada polo seu pai, o colexiado Bruno Vila Vilariño. O debuxo ten como protagonista a un gato informático, personaxe central dunha auténtica estampa de Nadal, traballando cun portátil e un rato e ataviado cun xersei festivo e a árbore de Nadal ás súas costas. De agasallo a rapaza recibirá unha tablet.
O traballo de Amara será a postal oficial coa que o CPEIG felicitará as festas do Nadal este ano, acompañada da lenda: Cos mellores desexos de paz e prosperidade, a Xunta de Goberno do CPEIG deséxalle Bo Nadal e Feliz Ano 2026. A categoría B quedou deserta.