Pasar al contenido principal

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participou nun debate sobre a economía do dato en Galicia, en Vigo

xornada de Adigital e Glue Digital

Celebrouse o pasado 28 de xaneiro no Círculo de Empresarios de Vigo, organizada por Adigital e Glue Digital

O presidente do #CPEIG, Fernando Suárez, participou o 28 de xaneiro no encontro Data Lab, unha xornada clave organizada por Adigital e Glue Digital para definir o futuro dos espazos de datos empresariais. A xornada celebrouse no Círculo de Empresarios de Galicia en Vigo.

Suárez estivo acompañado na mesa de debate polo director de Negocio Data & Analytics de EDNON, Josep N., e David Pombar de Trackingplan, analizando os retos da integración e o uso diario do dato.