O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, foi un dos membros do xurado desta competición universitaria impulsada por HGIGAL, ITG e a USC, con financiamiento do IGAPE
O centro tecnolóxico ITG acolleu o venres, 30 de xaneiro, a gran final do DATATHON “O Camiño dos Datos”, unha competición universitaria centrada na innovación en Datos e Intelixencia Artificial, na que estudantes dos graos en IA, Enxeñaría Informática e Ciencia e Enxeñaría de Datos da Universidade da Coruña (UDC) presentaron solucións tecnolóxicas orientadas a retos reais do tecido industrial.
O evento, impulsado por DIHGIGAL, ITG e a UDC, con financiamento do IGAPE, celebrouse no Centro Servizos Avanzados (CSA) da Cidade das TIC, onde reuniu aos seis equipos finalistas, que expuxeron os seus proxectos ante un xurado especializado do ámbito tecnolóxico e industrial.
Trala deliberación do xurado, o primeiro premio DATATHON, dotado con 1.000€, foi outorgado ao equipo MPX pola súa solución AutoScan, un desarrollo de IA para a detección e localización automática de danos en vehículos. O equipo Data Minding, que presentou un sistema intelixente de auditoría marítima para a detección de comportamentos anómalos no tráfico, levouse o segundo premio, de 600€. Plane Assistant, unha plataforma de asistencia ao mantemento de aeronaves que combina IA xenerativa e visualización 3D para transformar manuais técnicos en guías visuais e interactivas, que foi desenvolta polo equipo Desinteligentes Arficiales, logrou o terceiro premio, de 400€.
Un xurado con representación do ámbito tecnolóxico e industrial
As solucións foron avaliadas por un xurado multidisciplinar composto por Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Consejo General de Colegios Profesionales de Ingeniería Informática (CCII) e presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG); José Antonio Román, socio director de Cuatro Digital; María Paredes Ramos, R&D Scientist en Hijos de Rivera, S.A.U.; Juan J. Areal, responsable de Proxecto de Innovación en Procesos en Stellantis; e Miguel J. Vázquez Caride, Chief Information Officer en Grupo Nueva Pescanova.
O xurado valorou aspectos como a relevancia do reto abordado, a calidade do uso dos datos, as conclusións obtidas e o impacto real das solucións propostas.