Pasar al contenido principal

O presidente do CPEIG participou en Vigo nunha xornada de formación sobre o uso responsable e a convivencia saudable cos dispositivos dixitais na mocidade

Xornada en Vigo sobre o Plan de benestar dixital

Celebrouse o 21 de febreiro no marco do Plan de Benestar Dixital, no que colabora o Colexio

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participou o pasado 21 de febreiro nunha xornada de formación, organizada pola Consellería de Educación no marco do Plan de Benestar Dixital, dirixida ás familias en materia de benestar emocional na adolescencia que alcanzou chego total das 300 prazas de aforo do auditorio do Conservatorio Superior de Música de Vigo. 

O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, destacou a importancia desta “alianza” para promover o uso responsable e a convivencia saudable cos dispositivos dixitais coa fin de garantir o benestar emocional na infancia e na adolescencia “desde todos os ámbitos, sexa familiar, escolar ou social”. Neste censo, é preciso que tanto os centros como as familias e os propios alumnos dispoñan das ferramentas axeitadas.

Nestes encontros abórdanse aspectos como o establecemento de límites para a rapazada ou o uso responsable das novas tecnoloxías. A través de charlas e talleres nos que interveñen especialistas neste ámbito, proporciónanse estratexias de actuación e resólvense dúbidas ao respecto.

A xornada contou coa participación de tres expertos na materia, como Alexandre García Caballero, doutor en Psiquiatría e especialista no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO); Fernando Suárez, que ofreceu unha charla sobre as ‘Claves para ensinar a nenas e nenos  a usar a tecnoloxía de maneira segura”; e o doutor en Psicoloxía Social e profesor titular do departamento de Psicoloxía Social, Básica e Metodoloxía da USC Antonio Rial Boubeta.

Ao ser a formación aspecto vital, a Xunta está impulsando xornadas este curso por distintas cidades, partindo da boa acollida da experiencia piloto das charlas e talleres para familias iniciados a finais do pasado ano. A Xunta contribúe á formación de preto de 7.000 familias a través do novo Plan de benestar dixital.