Pasar al contenido principal

O CPEIG recibe un recoñecemento nos Premios Cecocib polo seu labor de concienciación e fortalecemento da cultura preventiva dixital

Premio Cecocib

As distincións da Cátedra Economía da Ciberseguridade da Universidade de Santiago con Incibe entregáronse na Cidade da Cultura o 17 de marzo

A Cátedra Economía da Ciberseguridade da Universidade de Santiago de Compostela con Incibe (Cecocib) celebrou o martes, 17 de marzo, na Sala Eisenmann da Cidade da Cultura a gala de entrega dos Premios Cecocib 2026, unha iniciativa destinada a recoñecer proxectos empresariais, investigación académicas e iniciativas sociais que contribúen de forma efectiva ao fortalecemento da protección dixital en Galicia.

Na categoría de mellor iniciativa social en ciberseguridade, a cátedra decidiu colocar en primeiro lugar ao Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG) polo seu labor de concienciación e fortalecemento da cultura preventiva dixital.