As argumentacións que realizaron cada un dos grupos parlamentarios e a votación poden atoparse nos seguintes vídeos online:
¿Que son as PNL?
As Proposicións non de ley (PNL) son temas ou materias sobre as que se quere buscar un posicionamento formal do Congreso/Senado e serven para instar ao Goberno a que faga algo concreto, ou teña en conta un tema ou aspecto determinado cando se está a elaborar un proxecto de lei ou se ten pensado facelo. Desgraciadamente non teñen poder normativo e o Goberno pode facer caso omiso delas, pero si teñen un peso real porque ao ser debatidas no pleno do Congreso, ou nunha Comisión concreta pasan a formar parte do Diario de Sesións, e incluso ser votadas, o que desenmascara todas as posicións de cada grupo parlamentario e os enfronta directamente contra si mesmos e contra as súas actuacións.
A súa tramitación é a seguinte:
- Un grupo ou varios presentan unha PNL ante o pleno ou unha comisión das cámaras. En concreto, a PNL sobre a Enxeñaría en Informática foi presentada ante unha comisión, a de Ciencia e Innovación, polo que foi dentro dela onde se debateu.
- A proposición pode alterarse levemente no seu contido e a r esolución ou conclusións son votadas, de tal xeito que de aprobarse, convértese nun posicionamento formal da comisión, e de rexeitarse descártase como outras moitas. Esto último é o que, de momento, pasou coa Regulación da Enxeñaría Informática en España.