Pasar al contenido principal

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participou no I Encontro científico do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) e a Universidade de Santiago (USC)

congreso Educación

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago acolleu o pasado 12 de novembro o I Encontro científico do Instituto de Ciencias da Educación (ICE) e a Universidade de Santiago (USC), destinado a impulsar unha cidadanía crítica e unha ollada desde a axenda científica do ICE.

O Encontro Científico do ICE-USC foi un espazo no que se compartiron coa comunidade universitaria as liñas de investigación educativa máis relevantes.
Nesta primeira edición tomouse como fío condutor o proxecto DESVELA-VX, sobre desinformación, IA e violencia de xénero dixital, un exemplo do compromiso do ICE coa investigación aplicada e a súa transferencia á sociedade.

O presidente do CPEIG, Fernando Suárez, participo una mesa redonda ‘Desvelando o algoritmo: infraestruturas de IA e computación fronte á violencia dixital’, xunto a María José Malmierca Rodríguez do CESGA e María Jesús Taboada da USC, moderada por Lorena Casal.