Pasar al contenido principal

Algunhas empresas do sector manifestan "certo grao de preocupación" ante a "falta de regulación" da profesión

A responsable de Recursos Humanos da consultora de 'software' Raon, Marta González Munin, afirmou, en declaracións a Europa Press, que a posible entrada da normativa europea sobre titulacións de enxeñaría "verá minguadas as súas posibilidades de expansión europea".

"O cen por cento do persoal son enxeñeiros titulados en Informática e, se non se recoñecen as as súas competencias profesionais, a compañía perde o seu perfil de empregado", aseveró, para engadir que "é necesario dar resposta aos traballadores sobre a crise que está a ter lugar neste momento porque hai moita incerteza".