Pasar al contenido principal

O colexio celebra a xornada "O impacto das TIC no exercicio do xornalismo"

Clausura xornada con Helena Veiguela e Fernando Suarez

A xornada realizouse o día 27 de novembro, ao amparo dun convenio de colaboración coa Consellería de Innovación e Industria. A xornada foi clausurada pola directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, Helena Veiguela Martínez.

Unha das conclusións das xornadas foi que os enxeñeiros/as en informática e os xornalistas están chamados a colaborar na formación e especialización en relación coas tecnoloxías da información e da comunicación.

O presidente do colexio, Fernando Suárez, referiuse na súa intervención á actualidade dos profesión e explicou as causas das manifestacións e mobilizacións que recentemente se desenvolveron nas rúas de varias cidades españolas, entre elas as galegas. Suárez subliñou que "a falla de regulación da profesión é a nosa maior eiva posto que se trata da única enxeñería que non ten atribucións profesionais por lei, o que deriva tanto no intrusismo profesional como na falla de garantías para a sociedade".

Na súa opinión, "é aquí onde tamén compartimos frontes comúns os enxeñeiros en informática e os xornalistas: somos profesións cunha necesidade de regulación e garantía de calidade".

Estas xornadas desenvolvéronse como unha aposta do CPEIG polo fomento da Sociedade daXornada o impacto das TIC no xornalismo Información mediante accións de información, reflexión e sensibilización.

Os asistentes ó evento tiveron a oportunidade de coñecer as últimas novidades e debates en materia de ciberxornalismo da man de relatores especializados como o xornalista e profesor universitario Jesús Miguel Flores Vivar; o director de Culturagalega.org, Manuel Gago; o profesor e secretario da Asociación de Periodistas Bloggers, Pedro García-Alonso; o webmaster e subdirector da revista tecnolóxica Código Cero, Marcus Fernández; o subdirector de La Voz de Galicia, Carlos Agulló; o xefe de redacción de Vieiros, Roberto Noguerol; o promotor da plataforma multimedia Galiciae.com, Juan Castro Rodríguez; o xornalista, consultor de medios e director de Mediathink Consultores Juan Varela, e o vicedecano e profesor da facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago José Pereira Fariña.