Pasar al contenido principal

O representante do CCII réunese con Dña. María González Veracruz

O 28 de novembro o Decano do CIIRM, D. Carmelo López Pérez, como representante do Comité de Creación do Consello de Colexios de Enxeñeiros en Informática de España, mantivo unha reunión na sede do PSOE de Murcia con Dña. María González Veracruz, Secretaria de Innovación e Novas Tecnoloxías da Comisión Executiva Federal do PSOE, e con D. Jesús García Molina, antigo decano da Facultade de Informática da Universidade de Murcia e ata non fai moito responsable de Investigación e Sociedade do Coñecemento da Executiva Rexional do PSRM-PSOE.

Transmitiúselle a Dña. María González que os motivos do malestar do noso colectivo son os seguintes:

  • O Goberno aprobou fichas para todas as enxeñarías agás a nosa, coa agravante de que hai competencias nosas incluídas nas fichas doutras titulacións. Ao non existir fichas xa está a haber universidades, como a de Extremadura e outras, que se están a desmarcar do consenso da CODDI, e que ademais, incumprindo a Lei, non contaron co Colexio da súa comunidade para elaborar o seu plan de estudos. Temémonos a excesiva dispersión do título.
  • Entendemos que se retrocedeu en relación ao avance propiciado polo Goberno de Felipe González, que aprobou o paso da diplomatura e a licenciatura á enxeñaría técnica e á enxeñaría respectivamente, xa que nese contexto os estudos quedaron regulados pero de manterse a situación actual non o estarán.
  • Solicitouse hai 3 anos e medio a creación do Consello Xeral de Colexios de Enxeñeiros en Informática de España, órgano a creación do cal debe ser aprobada polo Goberno para cumprir a Lei de Colexios Profesionais, pero non obtivemos resposta oficial. A creación do Consello é imprescindible para que a profesión estea
  • representada oficialmente a nivel nacional.
  • Malia existir lexislación directamente relacionada coa nosa actividade, encamiñada á garantía de dereitos dos cidadáns (LOPD, LSSICE, LISI, Lei de Sinatura Dixital, etc.) non se nos recoñece como os profesionais competentes para construír e manter as solucións que garanten eses dereitos e desenvolven esas leis. A excepción está na Disposición Final da LISI, que di que as administracións públicas deberán falar connosco en materia de factura electrónica, pero na práctica ningunha administración nos chamou.
  • A inquietude de non poder exercer en Europa se non se nos regula nin temos ficha, sobre todo nos países nos que a Informática está regulada (Alemaña, Italia, Francia, Portugal, Grecia, Reino Unido, Liechtenstein).
  • Percibimos que D. Francisco Ros, Secretario de Estado para as Telecomunicacións e a Sociedade da Información, obstaculiza a nosa presenza nas institucións públicas e ponnos trabas. Entendemos que o seu cargo político, e polo tanto a súa responsabilidade coa sociedade, debe prevalecer sobre a súa condición de Enxeñeiro de Telecomunicación, e que debe traballar con ecuanimidade para o noso colectivo e o de telecomunicacións, en lugar de anularnos. Esta actitude maniféstase, por exemplo, no feito de excluirnos do Consello Asesor de Telecomunicacións e da Sociedade da Información (CATSI), no que os Enxeñeiros de Telecomunicación si están representados.
  • Comunicóuselle que necesitamos percibir progresos efectivos, feitos concretos que demostren o avance real das nosas reivindicacións, porque xa levamos moitos anos con reunións e palabras sen consecuencias. Tamén se lle comunicou que hai grupos que promoven mobilizacións sobre os que os colexios non temos control que, ao igual que nós, queren que se dean avances reais. Así mesmo, transmitiúselle a nosa preocupación por que a medio ou longo prazo algunha das atribucións que deberan ser para nós rematen noutras profesións.

Pola súa parte, Dña. María González transmitiunos que:

  • A mobilidade dos profesionais por Europa vai facilitarse cando se leve a cabo a transposición da Directiva Europea de Servizos, xa que o noso título vai cumprir as condicións de Bolonia recoñecidas nos países asinantes do pacto e, ademais, segundo apunta D. Jesús García Molina, a regulación que hai para a Enxeñaría en Informática noutros países de Europa non se refire a atribucións profesionais, senón a outros termos, xa que unicamente en Grecia e quizais nalgún país máis hai leis de atribucións. Os colexios imos solicitar información sobre este extremo, para ver en que consiste realmente a regulación nos outros países.
  • A tendencia europea é garantir o acceso e a libre circulación de profesionais. En calquera caso, sexa cual sexa o resultado da transposición, insiste en que a nosa enxeñaría formará parte do novo marco xeral da enxeñaría. É dicir, haberá un novo marco regulatorio xeral. Neste punto Dña. María González foi moi explícita, indicando que o Goberno non vai manter ningunha desigualdade, tratándose ás Enxeñarías Informáticas e Enxeñarías Técnicas en Informática no conxunto das enxeñarías, sen diferenza de trato nin académica nin profesional. En caso de que non haxa que cambiar a lexislación para que teñamos ficha terémola e ademais en breve. Outra cousa é que haxa que cambiar a lexislación, xa que neste caso hai que seguir trámites a duración dos cales se prolongaría, tendo en conta que o prazo para a transposición da Directiva remata o 28 de decembro de 2009.
  • Dende hai semanas Dña. María González está a tratar a situación do colectivo co conxunto do Goberno. Asegúranos que o Presidente do Goberno é consciente das nosas reivindicacións e está moi interesado neste asunto. Actualmente estase a traballar nos tres ministerios implicados na resolución das nosas reivindicacións (Ciencia e Innovación; Economía e Facenda; Industria, Turismo e Comercio). Pídenos que comprendamos a dificultade que entraña a coordinación dos tres ministerios.
  • Comprométese a asegurar que continúe habendo unha interlocución entre o Goberno e nós e seguirá transmitindo os avances conforme se vaian dando, e que se lle poderá chamar para consultalo. Así mesmo, comprometeuse a pedir axilidade aos ministerios.
  • Entende que sería positivo tranquilizar e mandar mensaxes claras ao colectivo, xa que hai moitas persoas que manexan informacións que non son certas.
    Comprométese a seguir traballando activamente para que poidamos avanzar na nosa representación institucional (Creación do Consello, CATSI, etc).

A participación na reunión de D. Jesús García Molina foi moi activa, clarificadora e construtiva, e que, a pesar de que entende que a regulación profesional en xeral non está acorde coa época actual, defende que nun ámbito regulado a nosa profesión debe ter atribucións, e a nosa carreira ficha, e que lle parecería intolerable que se chegase a un ámbito no que todas as enxeñarías estivesen reguladas agás a nosa. Por parte de Dña. María González existe un compromiso para apoiar que a Enxeñaría en Informática e a Enxeñaría Técnica en Informática sexan tratadas dentro do marco xeral das enxeñarías, algo no que xa está a traballar o Goberno.