Pasar al contenido principal

Envío de queixas ao "Defensor del Pueblo"

Sitio web do Defensor del Pueblo

Os colexios de Enxeñaría en Informática solicitan que se envíen ao "DEFENSOR DEL PUEBLO" queixas sobre a situación da profesión.

Existen tres modelos de queixa que poden descargarse ao final deste documento. Hai un modelo para licenciados ou enxeñeiros en informática, outro para diplomados ou enxeñeiros técnicos en informática e outro para persoas non tituladas en informática pero que queiran manifestar a súa queixa, tales como familiares, amigos, etc. As intrucións sobre como formular a queixa atópanse a continuación.

Intrucións 

  1. Conectarse á páxina do "defensor del pueblo".

  2. Entrar na opción "Queixas por Internet", e seguir as instrucións, sen esquecer engadir o ficheiro coa queixa cumprimentada.

  3. Se dispón de sinatura dixital é recomendable utilizala.

  4. É importante non esquecer por no MOTIVO DE QUEIXA o seguinte: "SUPLICO AL EXCMO. SR. DON ENRIQUE MÚGICA HERZOG, DEFENSOR DEL PUEBLO acuerde promover e impulsar desde su Gabinete la adopción de medidas por parte de los diferentes organismos competentes para la regulación de las profesiones de Ingeniería en Informática e Ingeniera Técnica en Informática conforme a las razones y propuestas que se detallan en el documento adjunto."

  5. É recomendable, como medida de precaución, almacenar os pantallazos tanto do envío como da confirmación deste, así como o correo de confirmación. Desta forma disporase dunha proba documental das queixas realmente enviadas e do efecto que poden ter.

Animamos a que cada enxeñeiro/a envíe a súa queixa xunto coa dos compañeiros/as, familiares ou amigos/as que estean de acordo nas reivindicacións do noso colectivo.