Pasar al contenido principal

Nota de prensa do Consejo de Colegios de Ingenieros en Informática: O goberno di Non aos Enxeñeiros en Informática

  1. Os Enxeñeiros [Técnicos] en Informática NON están na negociación da Directiva Europea de Servizos.
  2. Vanse aprobar as fichas de todas as enxeñarías menos as da Enxeñaría [Técnica] Informática.
  3. Realizarse unha manifestación convocadas polos estudantes en Madrid para o día 18-D ás 12.00

O pasado 19 de Novembro máis de 40.000 profesionais e estudantes de Enxeñaría e Enxeñaría Técnica en Informática en 35 cidades diferentes saíron á rúa reivindicando unha regulación da súa profesión e que os seus estudos non se desregulen, como é a intención do Goberno.

Tras semanas de negociacións e contactos, o goberno fartouse de dicir que na transposición da Directiva Europea de Servizos (Lei que establecerá o novo marco das profesións reguladas) se daría solución ás reivindicacións deste colectivo, pero NON permite que os Enxeñeiros [Técnicos] en Informática estean presentes na negociación. Pero ao resto de Enxeñeiros SÍ.

Négase a creación dos Consellos de Colexios de Enxeñeiros [Técnicos] en Informática, chegando mesmo a dicir que as leis autonómicas que crearon os 11 colexios existentes non teñen base legal.

Vanse aprobar no Consello de Ministros as fichas das demais enxeñarías, A DA ENXEÑARÍA INFORMATICA NON. O único que o Goberno decidiu é poñerse a estudar agora que solución darán no futuro.

O goberno di que a Enxeñaría Informática non terá atribucións, por consideralas unha restrición innecesaria á libre competencia.

Todo isto enténdese como un NON a todo, e como que o diálogo están en punto morto. Nesta situación os comités de creación dos consellos de colexios non poden máis que informar aos Enxeñeiros [Técnicos] en Informáticas e estudantes, que a única forma de chegar a conseguir as nosas reivindicacións, é a mobilización. Polo tanto apoia todas aquelas iniciativas que se formulen por entidades representativas e empraza os profesionais a que colaboren activamente con todas estas iniciativas.

A manifestación convocada polos estudantes en Madrid para o día 18 de Decembro ás 12:00 da mañá, partirá do Estadio Santiago Bernabeu e chegará aos Ministerios de Economía e Industria, que son os dous Ministerios que están a bloquear a regulación profesional dos enxeñeiros en informática En paralelo levaranse a cabo manifestacións en cidades como Sevilla, Zaragoza, Oviedo, Las Palmas de Gran Canaria, Santa Cruz de Tenerife, Albacete, Burgos, León, Salamanca, Cáceres e Coruña.