Pasar al contenido principal

Carta aberta do CPEIG sobre as últimas novidades en relación coa regulación da profesión

Símbolo do CPEIG

Estimado/a ENXEÑEIRO/A EN INFORMÁTICA,

O pasado 11 de xaneiro o CPEIG desconvocou unha movilización de protesta ante a visita do presidente do goberno a Ourense, por entender que se estaba a entablar un proceso de negociación que podía solucionar os problemas do noso colectivo. Nesa decisión se lle daba un prazo ao goberno para que aportara avances significativos nas reclamacións platexadas.

Pois ben, un mes despois desa decisión, non so non se produciu ningún avance, senón que a situación parece todavía máis preocupante se cabe. Unha das principais reclamacións era a regulación da profesión, de xeito que se nos recoñecera como o resto das enxeñarías. A solución do Goberno pasaba por abordar este tema a través da transposición da Directiva europea de Servizos. Co fin de participar activamente na elaboración desta transposición, os colexios profesionais de enxeñaría en informática solicitaron conxuntamente a súa incorporación ao Grupo de Traballo interministerial para a Transposición da Directiva de Servizos (GTDS) constituido para tal fin, e no que teñen representación outros colectivos semellantes. A resposta foi taxante, indicando que ao non existir un organismo de representación de carácter nacional, os colexios de ámbito autonómico non tiñan cabida neste organismo.

Por outra banda, a solución a dita carencia de representatividade a nivel nacional, que pasaría pola creación do Consello Xeral de Colexios de Enxeñaría en Informática, vese coartada de novo polo propio Goberno dicindo que a existencia de colexios de ámbito autonómico non ten engarce coa Ley.

Resulta tamén preocupante a resposta do Defensor del Pueblo ante os escritos remitidos masivamente solicitando a adopción de medidas para a regulación das profesións de Enxeñeiro e Enxeñeiro Técnico en Informática, na que ademáis de admitila a trámite e iniciar as accións oportunas, informa dunha situación semellante ante a que nin Industria nin Presidencia deron resposta algunha. Dase conta tamén que ante queixas semellantes doutras enxeñarías, ningún departamento se considerou competente para adoptar a iniciativa de regulación.

Nos últimos días publicouse o Dictame solicitado pola CODDI (Conferencia de Decanos e Directores de Centro Universitarios de Informática) sobre a condición de profesión regulada da Enxeñaría Técnica en Informática, conforme á Ley 12/1986, de 1 de abril.  O máis salientable deste informe é que conclúe en que a Enxeñaría Técnica en Informática se constitúe en profesión regulada, en contra do argumentado polo goberno. Esta regulación da Enxeñaría Técnica recoñece implícitamente a mesma condición para a Enxeñaría en Informática.

No último mes, co fin de obter algún tipo de información fehaciente sobre a evolución das negociacións, e entendendo a complexidade de implicar a tres ministerios diferentes (Ciencia, Industria e Economía) solicitouse por distintas vías e en repetidas datas unha reunión con algún interlocutor no ministerio de Presidencia. O resultado destas solicitudes sempre foi ou ben a pasividade ou ben a negativa mediante a remisión ao Ministerio de Ciencia e Innovación.

Por todo o anterior, dende o CPEIG consideramos que é o momento de reivindicar unha solución de xeito inmediato, polo que entendemos e apoiamos todas aquelas iniciativas en favor da solución á problemática das Enxeñarías en Informática. Todo esto sempre dentro da legalidade vixente e sen abandonar os diferentes procesos de negociación establecidos.

Atentamente,

Fernando Suárez Lorenzo

Presidente do CPEIG