Pasar al contenido principal

O colexio ofrece a súa colaboración ao novo Goberno da Xunta

Alberto Nuñez Feijóo

O Presidente do CPEIG, Fernándo Suárez Lorenzo, remitiulle o pasado día 2 de marzo unha carta de felicitación ao Presidente electo da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijoo.

Neste carta, Fernando Suárez felicitouno polos resultados acadados nas eleccións á Xunta de Galicia do 1 de marzo, salientando, ademáis, as temáticas tratadas na xuntanza que o colexio mantivo con Alberto Núñez Feijoo durante a campaña electoral, e nas que se destaca que "a situación de agravio comparativo da nosa profesión é inconcibible nun país coma o noso, que quere e precisa camiñar con paso seguro na Sociedade da Información", segundo indica Fernándo Suárez na súa carta.

Así mesmo, na carta remitida ao novo Presidente da Xunta de Galicia, Fernando Suárez indicolle que "o respaldo amosado por vostede ás nosas xustas demandas representa para o colectivo de Enxeñeiros e Enxeñeiras en Informática un pulo para seguir traballando a favor das nosas reivindicacións en canto á regulación das competencias e atribucións profesionais se refire".