Pasar al contenido principal

Admitida a trámite a Proposición de Lei de Creación do Consello de Colexios de Enxeñaría en Informática presentada polo PP

Símbolo do CPEIG

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) congratúlase da recente admisión a trámite da proposición de lei para a creación do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática, presentada polo Partido Popular no Congreso dos Deputados o pasado día 4 de marzo. O devandito Consello é unha reclamación compartida polos máis de vinte colexios autonómicos de Enxeñaría e Enxeñaría técnica en Informática existentes en España. Para a xunta directiva do CPEIG, a iniciativa do PP é valorada dun xeito moi positivo "polo respaldo claro que representa á regulación da nosa profesión".

O CPEIG, xunto aos demais colexios autonómicos de enxeñeiros e enxeñeiros técnicos en Informática de toda España, mantivo no mes de decembro pasado unha intensa campaña de contactos coa Vicepresidencia do Goberno central e o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, así como cos diferentes grupos parlamentarios con representación no Congreso e no Senado para trasladarlles a necesidade da creación do Consello Xeral de Colexios Profesionais de Enxeñaría en Informática

Beneficiarios

Os potenciais beneficiarios da creación do Consello son uns 95.000 alumnos que nestes momentos están cursando os seus estudos, a cuarta parte dos estudantes de Enxeñaría de España; así como un total de 120.000 alumnos titulados nos 31 anos de vida destes estudos nos 81 centros repartidos por todo o territorio español.