Pasar al contenido principal

A informática podería dar solucións ás crises económicas no futuro

Recesión

Esperan que se creen verdadeiros "arquivos de coñecemento" capaces de facer complexas interrelacións coas que analizar e propoñer solucións a problemas humanos relacionados coa economía ou a vida en sociedade. En concreto, segundo recolle Tendencias 21, poderían analizar unha situación económica difícil dun país e propoñer modelos para saír dela.

O informe, que pode consultarse en pdf, contempla que a tecnoloxía provocará en 20 anos grandes cambios na vida e a sociedade dos humanos similares aos que trouxo a Revolución Industrial. Céntrase en 8 grandes areas. O exito nalgunhas das cales permitiría encontrar solucións para remediar o fracaso de colleitas, para entender mellor a motivación dalgúns personaxes históricos ou conseguir modelos económicos aplicables na sociedade.

En concreto os 8 retos informáticos que documenta a British Computer Society son " In Vivo-In Silico", a recreación por ordenador do comportamento das plantas; "Ubiquitous Computing" para deseñar tecnoloxía que se adapte a ambiénteos humanos;"Memories for Life", utilizar a tecnoloxía para explotar o valor da experiencia humana; "The Architecture of Brain and Mind", desenvolver robots máis sofisticados e eficientes;"Dependable Systems Evolution" crear sistemas máis fiables para rematar coas pantallas azuis e outros erros tecnolóxicos.

Tamén falan do "Journeys in Non-Classical Computation", levar os conceptos informático máis alá do contexto convencional;"Learning for Life", desenvolver máquinas capaces de falar con outras máquinas e "Bringing the Past to Life for the Citizen", recrear eventos históricos para achegalos a máis xente.