Pasar al contenido principal

Sesión de traballo co comité asesor para o plano de estudos de graduado en Enxeñaría Informática

Juan Otero

O CPEIG participou nunha sesión de traballo co comité asesor para o plano de estudos de graduado en Enxeñaría Informática.

Durante a sesión de traballo debatiuse sobre o mercado laboral en informática, as tecnoloxías máis demandadas, as cualidades e aptitudes máis solicitadas e sobre a formación inicial que imparten as empresas. Así mesmo, tamén se analizaron os perfís profesionais e itinerarios no título de Graduado en Enxeñaría Informática.

As empresas representadas expuxeron a súa visión sobre o futuro da profesión e os perfís máis solicitados, facendo especial fincapé en todo o relacionado con contidos transversais: capacidade de traballo en equipo, coñecementos de organización empresarial, capacidades comunicativas, coñecementos financeiros, coñecemento de idiomas, etc.

O representante do CPEIG, Juan Otero, salientou que os docentes universitarios precisan formación pedagóxica para transmitir os coñecementos transversais demandados. Así mesmo, destacou que o tecido empresarial galego, sustentado sobre as PEME, precisa de espírito emprendedor a través de ideas baseadas no coñecemento sobre o funcionamento das sociedades mercantís.